Thursday 18 de April de 2024

Patrimonio valora positivamente as obras de mellora de accesibilidade no contorno da Muralla e no Quiosko Alfonso e a reurbanización do Lavadoiro de Elviña na Coruña


O Consello Territorial da provincia tamén informou favorablemente a actuacións nos concellos de Boiro, Porto do Son, Noia, Dodro, Padrón e Teo
O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia da Coruña concretamente nos concellos da Coruña, Boiro, Porto do Son, Noia, Dodro, Padrón e Teo.
Na cidade da Coruña, o Consello valorou positivamente os proxectos de mellora da accesibilidade do espazo público no contorno da Muralla, con control arqueolóxico e do entorno do Quiosco Alfonso. Ademais, deuse o visto bo á reurbanización no contorno do lavadoiro de Elviña
Na comarca do Barabanza autorizouse en Boiro a mellora medioambiental no contorno do Pazo de Goiáns no estuario do río Coroño, tramo do Coido, en Noia deuse o visto bo ao repintado da inscrición do Cruceiro de Barro e en Porto do Son emitiuse informe favorable á restauración do Cruceiro de Portosín.
Na comarca de Santiago valorouse positivamente en Padrón o proxecto de sinalización do Xardín Botánico e en Teo autorizouse á restauración do Cruceiro do campo da festa de Agosto, en Santa Baia de Oza.